O Concello de Agolada está traballando para tramitar canto antes o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), iniciado hai anos. O alcalde, Luís Calvo, mantivo este luns unha reunión co responsable do equipo redactor do mesmo, Carlos Rosón, co secretario do Concello, David Criado, e co abogado do Concello, Carlos Hernández.
No encontro as distintas partes comprometéronse a sumar esforzos para sacar adiante o PXOM canto antes. O equipo redactor elaborará un informe, a petición do Concello, para solventar as alegacións presentadas e analizar os informes sectoriais.
Rosón, Calvo, Criado e Hernández durante a reunión.
Commentaires