top of page

"O Concello dá marcha atrás e adopta a proposta do Movemento Veciñal de ampliar o campamento"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"O tempo dounos a razón e Touro gaña", subliña esta formación política


Ecos da Comarca/Touro

O concello de Touro dá marcha atrás e adopta a proposta do Movemento Veciñal de ampliar o campamento ata o comezo de curso e ampliar os horarios, tal e como afirma o Movemento Veciñal.

"Logo de tres anos insistindo na necesidade de adaptar o calendario e os horarios ás necesidades laborais e de conciliación das familias conseguimos que se amplíen as datas e os horarios do campamento de verán en Touro- Xullo Lúdico (comezará ás 8 até as 14:00). Agora sería preciso que se contase coa previsión, ante a posible demanda, dun servizo adicional polas tardes como hai noutros concellos", indica. "Tivemos que aguantar que a concelleira asalariada Adela Iglesias dixese que non facía falta ampliar os horarios nin as datas e mesmo que votase en contra da nosa proposta", engade.

Agora, sinala, "toca acabar ca "cacicada" dos contratos a dedo e o low cost na contratación do servizo (xa que non o executa o concello directamente) e presentar un programa decente para os usuarios e contar con profesionais ben remunerados, algo que sen dúbida faremos ao entrar no goberno. O tempo dounos a razón e Touro gaña", subliña.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page