top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello cruceño: "A Xunta de Galicia gobernada polo PP segue discriminando a Vila de Cruces"

Sinala que "en todo este ano non contou con este municipio nos seus proxectos"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, coñeceu a través da prensa que a Xunta de Galicia ten intención de arranxar un vial desde A Susana ata o límite con Vila de Cruces. "Un vial que se atopa en moito mellor estado que por exemplo o vial que transcorre desde Vila de Cruces a Gres, como se pode comprobar na imaxe achegada, un vial que utilizan todos os veciños e veciñas da vila como vía principal nos seus desprazamentos a Santiago de Compostela, un vial que se atopa en tan mal estado que está a producir danos nos automóbiles, e mesmo xa foi causa dalgún accidente, algo que se lle transmitiu aos responsables da Xunta de Galicia en varias ocasións e do que fan caso omiso".

Taboada incide en que "a indiferenza da Xunta de Galicia chega ata tal extremo que hai máis de seis meses que mantivo unha reunión co señor Lete Lasa, responsable de Deportes deste organismo, o cal se comprometeu a contemplar algún tipo de actuación en Vila de Cruces, da que ata este momento non teñen constancia de que sucedese, e a estas alturas xa lle estraña moito que ocorra".


Aínda que para Taboada o que claramente proba este "deixamento" é a reparación que teñen que realizar no Centro de Saúde, "que cada dúas por tres atópase asolagado polas pingueiras e que a Xunta de Galicia comprometeuse a solucionar, e a día de hoxe seguen poñendo cubos cada vez que aparecen as pingueiras".


Por este motivo o alcalde está disposto a enviar unha carta a cada departamento responsable para que lle expliquen cales son as causas desta "discriminación a Vila de Cruces, e sobre todo facéndoos responsables de calquera dano persoal ou material que poida suceder por non solucionar estes problemas cando foron advertidos en varias ocasións".


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page