top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello colabora coa Sociedade Deportiva de Monterroso nos actos de celebración do seu 50 aniversario como clube de fútbol

Diego Gómez foi o primeiro homenaxeado realizando o saque de honra no partido do día 20 de xaneiro


Laura Moure/Monterroso

O Goberno local do Concello de Monterroso colabora coa Sociedade Deportiva (S.D.) Monterroso nos actos que prevén organizar ao longo do ano con motivo da celebración do 50 aniversario do club de fútbol.

Unha das iniciativas propostas polo club que dirixe Balbino Martínez Gómez é a de render homenaxe a diferentes personalidades que teñen feito posible este medio século de historia do equipo. Así se fará en cada un dos partidos que disputa o primeiro equipo en Cerdeiriños.


Publicidade

A primeira das homenaxes tivo lugar o domingo día 20 de xaneiro. Nela, Diego Gómez, home de orquestra durante moitos anos no club deportivo (xogador, directivo, delegado...), realizou o saque de honra. Ademais, Diego é neto de Pepe e Liberta, o primeiro utillero do club e a encargada da roupa dos xogadores ao inicio da súa historia, ambos xa falecidos.


Publicidade

A homenaxe deste sábado día 27 estivo dedicada a Luis Pereiro Vázquez, exalcalde da localidade por ser o primeiro presidente na historia do club e un dos seus grandes impulsores.


Publicidade

Desde a directiva do S.D. Monterroso anuncian que haberá outros eventos conmemorativos, así como unha homenaxe especial para todas aquelas persoas que traballaron duro nos inicios do club.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page