Tamén se continúa cos traballos de limpeza de cunetas en varios puntos do municipio, tendo en conta as incidencias polas abondantes precipitacións das últimas semanas
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Silleda iniciou na xornada de onte o arranxo de varias vías no casco urbano da capital municipal, que acusaban deterioros por mor das inclemencias meteorolóxicas. Así, procedeuse á reparación en puntos como a Avenida do Parque, a rúa de Outeiro, ou a vía denominada Travesía do Campo, que une a rúa de Trasdeza con Carballeira de Chousiño.

Do mesmo xeito, o equipo municipal de bacheo actuou tamén na saída da AP-53 á altura da parroquia de Lamela, completando os traballos de limpeza das cunetas realizados a pasada semana.
Precisamente a limpeza de cunetas e vías afectadas polas abundantes choivas das últimas semanas está a centrar nestes días o traballo do departamento municipal de Vías e Servizos, ca limpeza e adecentamento tamén en varios puntos do municipio silledense.
Comments