top of page

O Comité Organizador do 5º Congreso do PP de Rodeiro proclama como válida a candidatura de Cati Somoza

O COC vén de convocar unha campaña electoral interna, previa ao cónclave do 5 de abril, que se prolongará durante dez días para que explique o seu proxecto á militancia



Ecos da Comarca/Rodeiro

O Comité Organizador do Congreso (COC) do PP de Rodeiro vén de proclamar como válida a candidatura de Cati Somoza, actual voceira municipal, como única aspirante á presidencia do partido no 5º cónclave local da formación, fixado para o sábado 5 de abril.

O equipo rector do proceso congresual, presidido pola concelleira Elena Gamallo, recibíu a documentación de mans de Cati Somoza e, tras o seu exame nunha reunión mantida na sede do partido en Rodeiro, determinou, segundo a acta de proclamación, “que reúne os requisitos previstos sobre antigüidade de militancia, pago de cotas e demais obrigas estatutarias e que presentou os avais requeridos”, que eran un mínimo de 25 en base ao recollido no regulamento deste proceso.


Deste xeito, Cati Somoza pasa a ser oficialmente candidata á presidencia do PP de Rodeiro e poderá comezar, tras o ditaminado polo COC, unha campaña electoral interna de presentación do seu proxecto e de contacto coa militancia que se prolongará durante dez días.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Posteriormente, a xa candidata a suceder ao actual presidente provincial e da Deputación de Pontevedra e tamén concelleiro de Rodeiro, Luis López, que dirixíu o partido durante a pasada década ata a súa renuncia por incompatibilidade de cargos en 2022, deberá presentar aos demais integrantes da futura xunta local do PP de Rodeiro, conformada por unha vintena de persoas e que tamén terá que ser validada e proclamada polo comité organizador antes da celebración do congreso.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page