top of page

O Comité Galego de Xustiza Deportiva exclúe do censo electoral a 15 das 20 escuderías recurridas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Troitiño afirma que “Iván Corral está cada vez máis acorralado” e salienta que esta resolución “é unha bofetada á dirección da FGA e, especialmente, á Xunta Electoral, que debería ser imparcial e obxectiva”


Ecos da Comarca/Xeral

O pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva (CGXD) acordou estimar parcialmente os recursos presentados por Antonio Rodríguez Troitiño e Alfonso García Eiriz contra a inclusión “irregular” de 20 escuderías no censo provisional elaborado pola Federación Galega de Automobilismo (FGA) e resolveu excluír a 15 desas escuderías por incumprir os requisitos establecidos no Regulamento Electoral para poder votar.

As 15 escuderias excluídas son Amigos do Motor, AKFM, Squadra Racing/Club Trukart Motorsport, As Burgas, Fraguas Sport, Taboadela, Amoeiro, Boxes Competición,

Historic Motorsport, Team Medical, Gonzasport Competición, Segade, Sohers

Competición, ACSM Rally Team e AMF.


Pola contra, as outras cinco escuderías que o CGXD considera aptas para figurar no censo electoral son Miño, Galaica de Eventos, Sermovil Barreiros Competición, Amsport Rallye Team e Charli Romeo.


O voceiro de Xeración-RenovaFGA e futuro candidato á presidencia da FGA, o lalinense Antonio Rodríguez Troitiño, considera que tras esta resolución do comité “Iván Corral está

cada vez máis acorralado”, xa que é “unha bofetada á actual dirección da federación e, especialmente, aos integrantes da Xunta Electoral, que deberían actuar con imparcialidade e obxectividade e non adoptando a sabendas decisións contra a norma para favorecer claramente á candidatura do presidente”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

En relación ás cinco escuderías que foran recurridas e que o comité admitiu, Rodríguez Troitiño sinala que no seo de Xeración-RenovaFGA aínda se está a valorar a posibilidade de presentar un recurso contencioso-administrativo porque “polo menos hai tres casos das cinco escuderías que parecen máis que discutibles e cos que estamos en desacordo”.


Continuidade do proceso electoral

Por outra banda, o Comité Galego de Xustiza Deportiva tamén decidiu levantar a suspensión provisional do proceso electoral e ordearlle á FGA a súa continuidade “conforme o previsto na norma”. Neste senso, Antonio Rodríguez Troitiño agarda que

a FGA e a Xunta Electoral “aclaren o antes posible en que modo afecta esta exclusión

de 15 escuderías ás porcentaxes dos diferentes estamentos e, sobre todo, aos prazos

establecidos no calendario electoral”. “Entendemos que o prazo de solicitude de voto

por correo deberá ampliarse ao verse interrompido pola suspensión do proceso electoral”, sinala.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page