top of page

O colorido, a música e o arrecendo a doces voltou a Lalín

Continúan as festas na honra á Virxe das Dores que achegaron a gran cantidade de visitantes este domingo para desfrutar das múltiples atraccións


Laura Moure/Ismael RS/Lalín

ree

Lalín continúa celebrando as súas festas na honra á Virxe das Dores, que arrancaron este venres e finalizarán, mañá, martes.


Este domingo respirábase un gran ambiente festivo en torno ás atraccións, que se deron cita un gran número delas. Sen non fora pola máscara que segue tapando os sorrisos, todo parecía coma antes: as familias desfrutando da xornada dominical e das festas mentres os nenos contentísimos de subirse ás distintas atraccións ao igual que os feirantes de poder volver desempeñar o seu oficio, xa que estes sen dúbida, foron un dos sectores máis afectados.


O colorido, a música, o arrecendo a algodón de azucre, a churros, a gominolas... fan recordar vellos tempos, aqueles tempos onde a palabra pandemia practicamente non existía. Sen embargo, non debemos esquecer, que por desgraza, o virus está aí acechando para pillarnos desprevenidos. Así que a desfrutar, pero sempre con moito sentidiño!

Se queredes saber a programación de hoxe e de mañá preme no enlace:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page