top of page

O colexio Scientia Lalín celebra hoxe o seu Entroido cunha homenaxe aos Cacharelos

Estes son unhas figuras típicas do Entroido deste municipio dezá


Laura Moure/Lalín

O Colexio Scientia Lalín celebrará este venres a tradición do Entroido cun desfile polas rúas máis céntricas de Lalín no que participarán preto de 180 persoas, entre profesores e alumnos de Infantil e Primaria, e co que renderán homenaxe aos Cacharelos, como figura típica do Entroido lalinense.

Os Cacharelos nun desfile en Lalín. Fonte: Asociación de Veciños da Cacharela.

Segundo avanzou a xefa de Estudos, Patricia Beldrón, o colexio leva máis dun mes preparando este desfile “como aliciente para que o alumnado poida gozar e entender a

tradición do Entroido, que é unha das manifestacións culturais vivas máis emblemáticas de

Galicia”. Con tal motivo, nas últimas semanas os mestres e os alumnos traballaron para

“renderlle homenaxe a unha figura propia da comarca, como son os Cacharelos, dándolle

un toque propio nas cores e na máscara, aproveitando a creatividade da mocidade da ESO”.

O desfile arrancará no propio centro ás 12.00 horas con todos os participantes en dirección á estatua dos cabalos, desde onde medio cento de alumnos de Infantil regresarán xa ao colexio. Máis de 110 estudantes de Primaria continuarán ata a Praza da Vila e retornarán ao centro pola rúa D e a Praza da Mariña.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page