Todos os estudiantes dende 3º de Primaria ata 4º ESO recibirán un Chromebook que incorpora as licenzas dixitais de todos os libros e permite acceder á plataforma E-Creatus
Laura Moure/Lalín
O Colexio Scientia Lalín deu esta semana un paso importante na implantación do seu modelo de Educación 3.0 co inicio da distribución de diferentes dispositivos electrónicos (Chromebooks, tablets e robots) ao alumnado para favorecer a adquisición de habilidades dixitais e facilitar unha aprendizaxe máis innovadora apoiada na utilización das novas tecnoloxías.
A dirección do centro comezou a entregar estes días aos alumnos/as desde 3º de Primaria ata 4ª da ESO un total de 170 ordenadores Chromebook, dispositivos que inclúen todas as licenzas dixitais dos libros correspondentes a cada curso e que permiten o acceso á plataforma educativa E-Creatus, desenvolvida polo propio grupo Scientia School. Pola súa parte, cada dous estudiantes de 1º e 2º de Primaria compartirán unha tablet e o alumnos/as de Infantil comezarán a adquirir habilidades e coñecementos dixitais coa utilización de robots.
Segundo explicou a xefa de estudos, Patricia Beldrón, “estes dispositivos dixitais que se
acabarán de entregar a vindeira semana non exclúen a outros soportes da educación
convencional, se non que os complementan, posibilitando que os alumnos e alumnas
reciban unha educación máis adaptada aos novos tempos e ao uso das novas tecnoloxías”.
Comments