top of page

O Colexio de Psicoloxía acolle unha exposición da artista e psicóloga Encarna Álvarez, que vive en Arzúa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Na mostra recrea paisaxes deste municipio


Laura Moure/Arzúa

Hoxe, martes 11 de marzo, ás 19:00 horas inaugúrase a mostra de pintura “A paisaxe que me acompaña” da artista e psicóloga colexiada Encarna Álvarez Gallego na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira 10, baixo,Santiago de Compostela).

Nela poderanse contemplar varias obras nas que se recrean paisaxes de tres lugares diferentesque marcaron a súa vida: a vila onde naceu, Matadeón de los Oteros en León; o lugar que escolleupara vivir actualmente, Arzúa; e Palmarin en Senegal, lugar ao que viaxa con relativa frecuencia e que a inspira a debuxar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nas pezas que compoñen a exposición emprega óleo ou acrílico sobre teas núas, sen marco, coas que Encarna Álvarez pretende resaltar o movemento e a sinxeleza do material empregado. “Esta técnica representa a futilidade do recordo, que non é algo fixo, estanco”, sinala, ao que engade tamén outras obras creadas con madeira dos sitios que a levaron a realizar esta exposición.


Hai máis de 30 anos que Encarna Álvarez Gallego desenvolve a súa tarefa artística, que compaxina co exercicio da psicoloxía. As pezas de “A paisaxe que me acompaña” foron realizadas nos últimos tres anos, onde foi recompilando paisaxes e persoas que lle chamaron a atención nos lugares mencionados e que deixaron pegada na súa memoria e na súa creación.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A mostra permanecerá no Colexio para a súa libre visita ata o 11 de abril de 2025 en horario de apertura habitual.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page