Estas actuacións formarán parte das actividades de fin de curso e o Concello colabora con unha destas iniciativas
Laura Moure/Palas de Rei
O CEIP de Palas de Rei prepara unha serie de actividades coas que remata as clases o vindeiro 22 de xuño. Para isto, Concello e Colexio colaboran o día 16 na actividade musicalizada que trae ó patio do centro Uxía Lambona e a Banda Molona. Ademais, o 21 de xuño dará un concerto Abraham Cupeiro coa colaboración da Deputación de Lugo e as clases rematán o día 22 de xuño coa actuación da Charanga Ardores.
Logo, do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo de formalización definitiva de matrícula para o curso 2020-2021.
Exposición
Por outra banda, desde este sábado e ata o día 22 a Casa da Cultura desta localidade acolle unha exposición do Patrimonio histórico deste centro educativo.
Comments