top of page

O colexio de Agolada incorpórase ao programa Educación Responsable

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O obxectivo desta iniciativa é promover a educación emocional do alumnado e poñer en valor a súa importancia no seu desenvolvemento persoal e académico


Laura Moure/Agolada

A Xunta de Galicia vén de incorporar oito novos centros educativos ao programa Educación Responsable, que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín. O obxectivo desta iniciativa é promover a educación emocional do alumnado e poñer en valor a súa importancia no seu desenvolvemento persoal e académico. Das comarcas únese o colexio de Agolada.

Os centros que se suman ao programa este ano son os colexios CEIP de Manzaneda (Manzaneda), CEIP Manuel Respino (A Rúa), CEIP do Hío (Cangas), CEIP Plurilingüe de Agolada (Agolada)  e CEIP Plurilingüe Xulio Camba (Vilanova de Arousa); o instituto IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela) e Sanxillao (Lugo), así como o Centro de Educación Especial Santa María (Lugo).


Con estas novas incorporacións, este curso participarán no programa Educación Responsable un total de 103 centros, 7.300 alumnos e 448 docentes. Todos eles reciben formación, recursos e seguimento por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Estratexia galega de convivencia escolar

A iniciativa enmárcase na Estratexia galega de convivencia escolar 2025, a folla de ruta do Goberno galego para seguir mellorando o clima nas aulas e o benestar emocional do alumnado. O programa Educación Responsable desenvólvese ao longo de tres cursos e leva consigo a aplicación na aula de diferentes recursos de educación emocional, social e creativa, o que se realiza de forma coordinada.


Ademais de en Galicia, o programa desenvólvese noutras comunidades españolas, concretamente en Cantabria, Madrid, A Rioxa, Navarra, Murcia, Castela e León, Aragón e Comunidade Valenciana, así como nos países de Uruguai, Chile e México. 

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page