top of page

O clube de lectura feminista “Máis Violeta” volve en setembro

As doce mulleres participantes terán unha cita cada quince días para debatir sobre o libro mensual asignado


Laura Moure/Silleda

O venres 1 de setembro na Biblioteca Municipal Daniel Castelao vai ter lugar o inicio da quinta edición de “Máis Violeta”, o clube de lectura feminista, subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

Nel, as doce mulleres participantes terán unha cita cada quince días para debatir sobre o libro mensual asignado, o cal será prestado pola Sección de Xénero do CIM de Silleda, dependente da Concellería de Igualdade, e terá que ser devolto rematada a lectura.


Os títulos propostos abordarán diferentes temáticas, sempre co obxectivo de crear debate e pensamento crítico.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

“Máis Violeta” é un espazo común no que compartir experiencias persoais e contidos que permitan cambiar o mundo, constituíndose así unha comunidade baseada na sororidade e no feminismo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para inscribirse, dende o 24 de agosto ata o 30, presencialmente no CIM Silleda, chamando ao 986 592 037 ou no correo electrónico cim@silleda.es.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page