top of page

O clube de fútbol Cire Melide organiza unha xornada solidaria de fútbol o 26 de novembro

O obxectivo da mesma é a recollida de xoguetes para este Nadal para os nenos que máis o necesitan


Laura Moure/Melide

O clube de fútbol Cire Melide organiza unha xornada solidaria de fútbol para a recollida de xoguetes para este Nadal para os nenos que máis o necesitan. Durante o partido de Liga do próximo domingo 26 de novembro a tarde contra o Vista Alegre SD realizará unha xornada solidaria.

"A idea e que todas aquelas personas que axuden e donen xoguetes preferiblemente novos recibirán por cada xoguete unha rifa. E con esas rifas durante o descanso do partido entrarase nun sorteo dun patinete eléctrico, 1 tablet de 10 pulgadas, 1 smartwatch xiaomi e uns auriculares inalambricos Sony e algunha sorpresa a maiores que iremos revelando", indica o clube.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Esta xornada solidaria vaise facer en colaboración directa ca Fundación Andrea que será a encargada de facer chegar aos nenos os xoguetes donados. Eles tamen acudirán a axudar ese día o campo e poñerán un stand informativo para dar a coñecer a súa labor que esta centrada no apoio aos nenos/as con enfermidades de larga duración, crónicas ou terminais. "Por iso dende o Club gustaríanos que todos esos nenos que agora no Nadal están pasando por problemas médicos ou de calquera índole non pasen estas festas sen un xoguete co que celebrar estas datas e facer que desfruten o máximo posible e poderlles sacar aínda que sexa un sorriso", apunta o Cire.


No clube xogan máis de 100 rapaces en categorías inferiores "e gustarianos pensar que no club aparte de enseñar a xogar ao fútbol e competir tamén lles podemos transmitir valores os rapaces de compañerismo, de superación e neste caso concreto, de solidariedade e de apoio o necesitado. Tamén para a xente que polo motivo que sexa non poida acudir o partido e queira colaborar igualmente habilitamos dous puntos de recollida de donacións durante esta semana e media poder donar". Son Serigrafía Anic situada en Ronda de Pontevedra 63, en Melide e en Xoieiría Roval, en Alexandre Bóveda 12, Melide.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O sorteo realizarase no descanso do partido e subiranse logo os números premiados ás redes sociales para que todo o mundo poida participar no sorteo dos regalos.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page