O Club Marusia de ximnasia rítmica de Lalín logra grandes resultados
- ecosdacomarca
- 7 abr
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O Club Marusia de ximnasia rítmica de Lalín está de noraboa xa que consegui importantes resultados o sábado pasado na primera fase da Liga Sur Interescuelas de Galicia, celebrada en Marín.
Os resultados, tal e como nos informa unha das nais das participantes, foron:
Naroa Datorre: Ouro Individual Cadete.
Cadete equipos (Erea, Encima, Ana, Jimena e Sheila): Prata.
Alevín e prebenxamín: 7º posto.
Benjamín equipo (Alba, Xiana, Ana, Zoe e Noa): Ouro.
Aniciación: 8º posto.
Publicidade
"Os conxuntos lalinenses estiveron traballando coas súas adestradoras, Antía e Cristina, desde setembro nos exercicios presentados esta fin de semana en Marín e seguirán esforzándose e pulindo estes exercicios para volver a competir o 24 de maio en Portonovo, xogándose a clasificación para poder pasar á fase final que será en Ourense o 21 de xuño", adianta a nai dunha das participantes lalinense.
Comments