O Club Escola Atletismo Deza trae tres medallas do Campionato Galego en categorías menores
- Laura Moure
- 6 feb 2023
- 2 Min. de lectura
O lalinense e socio do Club Antonio Rieira proclamouse dobre medallista no Campionato
Galego Máster
Laura Moure/Deza
O Club Escola Atletismo Deza fixo historia esta fin de semana, posto que conseguiu participar en 17 probas e en todas as categorías no Campionato Galego de categorías menores, que tivo lugar en Ourense. “Isto é un fito histórico para o Club, xa que nunca se acadou unha cifra tan alta de participación”, destaca o adestrador Nacho Castro.

"Ademais de que todos melloraron marca", sinala, detaca ademais as tres medallas que acadaron Xoan Peon, ouro en lanzamento de peso sub10; e as dúas pratas de Beltrán Rivas, en salto de lonxitude e salto de altura na categoría sub14. Por outra banda, houbo un cuarto posto para Telma Salgueiro en salto de altura sub10; un quinto para Iago Rodríguez en lanzamento sub12; un sexto para María Rivero en lanzamento de peso sub12; e un noveno para Duarte García en lanzamento de peso sub12. A estes bos resultados súmase a participación de Izan Fernández en 50 metros, Daniela Rodríguez en 50 metros, Iván Méndez en 60 metros, Telma Salgueiro en 500 metros, Laura Donsión en 1.000 metros, Valeria Pájaro en 60 metros vallas e 1000 metros, Xabier Salgueiro en 60 metros vallas e 1000 metros.
“Sen dúbida o Club está medrando e isto móstrase en que que máis deportistas acceden ás diferentes probas. Sempre dixemos que os resultados en idades escolares non eran o importante, e así segue a ser, pero ver o número que chegou a asistir é un orgullo para nós”, indica o adestrador.
Na mesma xornada do sábado, celebrouse o Campionato Galego Absoluto de Lanzamento de Xavelina no que participaron tres atletas do Club. Marta Lázara, que acadou a cuarta posición; Antía Framiñán, 6.ª e Meritxell Hermida, 7.ª. "Dende o Club tamén parabenizamos a estas deportistas polos bos resultados e porque tamén son mostra de que cada vez temos máis presenza".
Por último, resaltan a dobre medalla que acadou "o noso socio Antonio Riera" no Campionato Galego Máster de pista cuberta. "O noso veterano e un dos fundadores do Club proclamouse dobre bronce en 800m e 1.500 m aos seus 74 anos. Sen dúbida é un referente para o noso Club e para os nosos futuros atletas. É unha mostra de constancia, esforzo e deportividade”, resaltou Castro.
Commentaires