top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Club Atletismo Deza retoma as competicións por equipos

Este sábado participará con dous equipos no XOGADE de Pontevedra


Ecos da Comarca/Deza

Tras máis de dous anos sen participar en ningunha proba por equipos, o Club Atletismo Deza retoma estas competicións con moita ilusión. Este sábado participará en Ourense na proba XOGADE da provincia de Pontevedra. "Asistimos con dous equipos mixtos das categorías sub 10 e sub 12 e competiremos contra outros clubs da provincia", indica o clube.


Estas probas consisten en que cada equipo, conformado por seis participantes, realizará un total de cinco probas (50 metros lisos, 500 metros lisos, salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso). Catro dos membros do equipo executarán dúas probas (unha carreira e un concurso) e outros dous só farán unha das probas.

"Dende o clube resaltamos a ilusión que mostraron os cativos ao decatarse de que participarán na súa primeira competición e que irán acompañados dos seus colegas de adestramento. Dende o club empezamos así coa tempada de competicións, ás que lle daremos moito pulo, posto que son un incentivo importante para o desenvolvemento dos nosos deportistas. Vamos darlle moita importancia durante toda a tempada, por iso trataremos de asistir as máximas posibles e con todas as categorías".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page