A partir do 1 de setembro abrirá inscricións e dará comezo a actividade o 11
Laura Moure/Deza
Na pasada tempada o Club Atletismo Deza colleitou numerosos galardóns en diferentes probas provinciais, galegas e estatais. En canto aos Campionatos Galegos de Clubes conseguiu tres equipos clasificados no Top-10: Séptimo posto sub10 masculino, décimo posto sub10 feminino e décimo posto sub12 feminino. Así mesmo participou como filial no Campionato galego de clubes sub14, sub16 e sub18, logrando o podio de forma individual en todos eles, por parte dos atletas dezás.
Por segundo ano consecutivo volveu ao Campionato de España da man do atleta Beltrán Rivas, que acadou unha 7ª posición na categoría sub 14 da combinada C (salto de altura, salto de lonxitude e 80 metros valados).
Tamén tivo presenza nos Campionatos Galegos Individuais de inverno con galardóns para Beltrán Rivas, prata en salto de lonxitude e en salto de altura sub14; Xoan Peón, ouro en lanzamento de peso sub10; Marta Lázara, 4ª en lanzamento de xavelina (categoría absoluta) e subcampiona galega sub18; Antía Framiñán, 4ª en lanzamento de peso, e Diego Reboredo, bronce en lanzamento de disco sub16.
Nesta proba o Atletismo Deza asistiu como filial co equipo Atlética A Silva no Campionato galego de clubes de probas combinadas, cun cuarto posto absoluto, no que colaborou Marta Lázara.
En canto ao Campionatos Galegos Individuais ao aire libre, participou filial en sub 16 e sub 20, con Diego Rebordeo e Marta Lázara, respectivamente, e acadando un segundo posto en lanzamento de xavelina e o mesmo en lanzamento de disco.
Ademais, recolleu o ouro con Marta Lázara en sub18 de probas combinadas; unha prata con Diego Reboredo en lanzamento de disco sub16; outro ouro con Beltrán Rivas en triple salto (con récord galego) e quedou terceiro clasificado en salto de altura sub14; tamén Alan Fernández se proclamou campión galego de salto con pértega sub14; Xoan Peón campión galego de lanzamento de peso e lanzamento de pelota sub10, e Iago Rodriguez subcampión galego de lanzamento de peso sub12.
Publicidade
Finalmente, competiron como filiais de A Silva e Gimnástica de Pontevedra no Campionato galego de clubs sub14 no que quedaron subcampións.
En canto a nova tempada, dará comezo o 11 de setembro e as inscricións abriranse o 1 de setembro. Dende o Club informan que haberá novidades que pronto anunciarán e agardan que a vindeira tempada veña tamén cargada de probas e recoller moitos galardóns, ademais, por suposto, de aumentar o número de atletas.
Comments