top of page

O Club Atletismo Deza abre as inscricións para o Campus de Verán

As actividades levaranse a cabo entre o 24 de xuño e o 26 de xullo e poderán

participar rapaces/as nados entre o 2018 e o 2012


Laura Moure/Deza

O Club Escola Atletismo Deza está a organizar o Campus de Verán 2024 en colaboración co Concello de Lalín. As actividades levaranse a cabo entre o 24 de xuño e o 26 de xullo, podendo reservar unha ou máis semanas. As prazas están limitas a 50 persoas por semana, dividíndose estas en tres grupos de idades. Poderán participar no Campus Atletismo Deza os rapaces/as nados/as entre o 2018 e o 2012.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As actividades levaranse a cabo de 8:00 a 14:30 horas de luns a venres, pero os horarios son flexibles: o horario de chegada pode ser entre as 8:00 e as 10:00 horas e o de saída entre as 13:30 e as 1430 horas. As xornadas realizaranse en diferentes puntos da vila (Lalín Arena, Manuel Anxo Cortizo, Paseo Pontiñas...) e a oferta vai dende actividades enfocadas ao atletismo como outras enfocadas ao multideporte (zogos tradicionais, coordinativos, de equipo etc.) e outros educativos (manualidades, visita de atletas, pintura etc.), ademais de rutas pola natureza ou buscas do tesouro pola vila.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O prezo é de 40 euros/semana para atletas do club e de 45 euros/semana para os non

pertencentes ao club. No caso de que só se reserve unha única semana o prezo incrementarase 5 euros. Para realizar a inscrición é preciso solicitar a ligazón ao correo

atletismo.deza@gmail.com ou poñerse en contacto con Nacho (623189677) e só se contarán as inscricións que conten co pago realizado e confirmado pola organización. No caso de que non se realice o pago non se contará como inscrito e, no caso de que haxa lista de agarda, procederase a darlle acceso aos seguintes inscritos. As inscricións pecharanse o 10 de xuño.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page