top of page

O CIS de Lalín abrirá vindeira semana as consultas de cardioloxía e pneumoloxía

O Centro Integral de Saúde de Lalín e comarca de Deza xa prestou desde a súa recente apertura máis de 35.200 consultas asistenciais sanitarias


Laura Moure/Lalín

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou que o Centro Integral de de Lalín e comarca de Deza xa prestou desde a súa recente apertura máis de 35.200 consultas asistenciais sanitarias e avanzou que a vindeira semana comezarán a funcionar as consultas de cardioloxía e pneumoloxía, nestas novas instalacións modernas, accesibles e de vangarda.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, visitou o centro, na compaña do xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela, Ángel Facio, para coñecer as impresións dos profesionais e dos pacientes, tras un mes e medio desde a súa entrada en funcionamento.


Desas máis de 35.200 consultas, 1.200 foron de urxencia no Punto de Atención Continuada e máis de 2.000 de pediatría. Gómez Caamaño puxo en valor a implicación dos profesionais de todo o servizo de atención primaria de Lalín, que protagonizaron un traslado exemplar e sen incidencias, sabendo que as mudanzas dos servizos sanitarios son sempre complexas e delicadas.


Incidiu en que a Xerencia da área sanitaria está a seguir con atención esta etapa inicial do funcionamento do CIS para solucionar posibles incidencias de remate de obra que poidan detectarse e analizar as propostas de optimización do funcionamento do centro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Modelo de asistencia completo

Este Centro Integral de Saúde é o segundo que se pon en servizo en Galicia e consolida un modelo de asistencia completo, que suma a atención primaria, a de urxencias e a hospitalaria, e que se irá incrementando progresivamente tras a posta en servizo de oftalmoloxía, psiquiatría, radiodiagnóstico, rehabilitación e traumatoloxía, tal e como anunciou hoxe Gómez Caamaño, coas próximas especialidades .


O máximo responsable da saúde dos galegos, dixo que o CIS de Lalín e comarca de Deza marca un antes e un despois na asistencia sanitaria deste municipio e dos da comarca, tras un investimento por parte da Xunta de máis de 13,5 millóns de euros, e grazas á colaboración do municipio que puxo a disposición os terreos e os accesos.


Gómez Caamaño concluíu a súa intervención agradecendo á Fundación Andrea a súa colaboración na humanización da área de pediatría, que achega un gran valor engadido a este novo centro da rede sanitaria pública galega


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page