top of page

O CIM de Palas trae ao IES do Camiño unha charla sobre agresións sexuais e violencia sexual

Estivo impartida por María Angélica Mercado Torres


Laura Moure/Palas de Rei

O alumnado do IES do Camiño de Palas de Rei, principalmente dos cursos de 4º da ESO e 1º de BAC, participou nunha charla informativa sobre Agresións sexuais e violencia sexual impartida por María Angélica Mercado Torres, mestra de Lingua Inglesa, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade.


Publicidade

Esta actividade enmarcase dentro do conxunto de programación do Centro de Información á Muller (CIM) de Palas de Rei con motivo da conmemoración Día Internacional de la Eliminación da Violencia contra a Muller (25 N).


Publicidade

A charla informativa serviu para propiciar no alumnado a reflexión do redor da violencia ao redor da violencia sexual. Partindo de conceptos básicos como: sexo e xénero; os estereotipos de xénero e o sexismo avanzouse cara outros máis complexos como o consentimento, a violencia sexual (concepto, datos, tipoloxía e mitos), a ciberviolencia

sexual e a cultura da violación… sen esquecer dar a coñecer os recursos e o movemento social.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page