O CIM de Palas de Rei programa para o 22 de xuño un espectáculo dos Bolechas paro alumando do CEIP
- Laura Moure
- 14 jun 2022
- 2 Min. de lectura
Trátase dunha actividade lúdica e didáctica que inclúe unha obra de monicreques destinada a fomentar e interiorizar a igualdade de xénero dun xeito ameno
Laura Moure/Palas de Rei
O Centro de Información a Muller (CIM) de Palas de Rei programa para o vindeiro mércores, 22 de xuño, ás 13:00 na Casa de Cultura, un espectáculo dos Bolechas dirixido a todo o alumnado do CEIP de Palas de Rei. Trátase dunha actividade lúdica e didáctica que inclúe unha obra de monicreques dos Bolechas destinada a fomentar e interiorizar a igualdade de xénero dun xeito ameno. Compleméntase cun caderno de actividades de 16 páxinas.

O espectáculo comeza cunha introdución, na que as marionetas dos Bolechas presentan o tema da función, a igualdade de xénero. Tras esta primeira parte chegaría o momento en que o público toma protagonismo para intervir na función, mostrando o que sabe sobre a igualdade de xénero, de modo que se dá unha percepción positiva ao coñecemento do tema e se afonda no mesmo, tanto cos aportes do público como cos dos Bolechas. Isto permítenos achegar novos conceptos e afondar na igualdade desde referentes moi próximos á cativada o que supón unha excelente ferramenta para chegar a estas idades.
As nenas e nenos senten orgullo do que saben e aprenden, facilmente e con interese, novos coñecementos grazas a unha proposta divertida e próxima á súa linguaxe, gustos e referentes, de aí que os Bolechas se teñan convertido en prescritores de excepción da cativada galega. O caderno co que a cativada, a través de actividades e xogos altamente
didácticos, iníciase no tema da igualdade de forma amena e facendo as nenas e nenos partícipes e protagonistas das accións, de xeito que se sintan parte das mesmas e se impliquen non só na actividade senón na propia mensaxe.
O caderno ten como obxectivo que, a través do divertimento e o xogo, os nenos e nenas se familiaricen, conciencien e aprendan o importante papel que xogamos todas e todos na igualdade de xénero. As capas deste caderno de actividades van personalizadas co escudo do Concello de Palas de Rei, do CIM e o logo do Pacto de Estado Contra la Violencia de Género.
コメント