Será ás 21:00 horas na Capela da Madanela
Ecos da Comarca/Xeral
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación de Nadal 2021-2022 hoxe, xoves, día 23 de decembro, cun concerto de jazz. Nesta xornada terá lugar a segunda actuación do ciclo de música para público adulto titulado Nadal Sonoro que ofrece tres concertos na Capela da Madanela ás 21:00 horas.
Actuará o trio Jazztá formado por piano, contrabaixo e saxo cun repertorio de varios estilos como o jazz, bossanova, funk, bolero ou pop. Cunha longa traxectoria profesional de cada un dos compoñentes do grupo, propoñen un repertorio adaptado a todos os gustos interpretando composicións de Glenn Miller, Luís Armstrong e Charlie Parker, entre outros.
A apertura de portas será media hora antes do inicio, o acceso libre e o aforo limitado. O público asistente estará convidado a degustar un chocolate quente.
O xoves 30 de decembro rematará este certame co recital da solista Su Garrido Pombo.

Comments