top of page

O Ciclo Mestre Mateo volve á provincia de Lugo e inclúe unha proxección en Monterroso

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financia o ciclo da Academia Galega do Audiovisual, que achega o cine en galego a vilas sen salas comerciais


Laura Moure/Monterroso

A deputada de Cultura Iria Castro e Lucía Regueiro,  membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual,  presentaron este mércores unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo na provincia, o circuíto de cinema galego que achega as producións máis destacadas do audiovisual galego a concellos sen salas comerciais.


Os concellos da A Fonsagrada, Foz, A Pobra do Brollón, Monterroso, Taboada, Meira, Sarria e Vilalba acollerán as proxeccións desta nova edición do ciclo, que continúa achegando o audiovisual galego a vilas sen salas comerciais e reforzando a rede cultural da provincia. Nesta edición, o público poderá ver as catro películas de ficción e os catro documentais finalistas dos Premios Mestre Mateo 2026: Sirât, As liñas descontinuas, Antes de nós, San Simón, 360 curvas, O son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado.

O apoio da Deputación foi clave para o éxito da iniciativa nestes catro anos, nos que se levaron a cabo 232 sesións de cinema, que reuniron un total de 6.010 espectadores e espectadoras. Estes datos consolidan o ciclo como un dos proxectos culturais con maior implantación territorial na provincia de Lugo. Nesta liña, Lucía Regueiro sinalou que "estamos seguros de que a calidade das películas seleccionadas nesta edición 2026 e a resposta do público darán continuidade a estes excelentes resultados de asistencia".


Iria Castro valorou "a continuidade deste ciclo que puxemos en marcha da man da Academia Galega en 2022 para achegar o audiovisual en galego a vilas que non contan con salas comerciais. Abrimos novas canles de difusión para as producións en galego, achegando a elas un público moi heterexéneo, mais aló dos espectadores e espectadoras que acuden habitualmente ás salas de cine"


A responsable de Cultura explicou que "o ciclo de proxeccións dá continuidade a un ano en que Lugo foi centro do audiovisual galego, coa celebracion na cidade da gala dos Premios Mestre Mateo" e destacou "a ampla representación de profesionais das comarcas de Lugo na factura das películas e documentais que se proxectarán, como finalistas dos Premios Mestre Mateo nestas categorías"

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Pola súa parte, Lucía Regueiro destacou que "unha cuestión importante para a Academia é a conexión do público co cinema que se produce actualmente en Galicia. Por iso, un dos obxectivos principais do Ciclo Mestre Mateo é facilitar ás persoas o acceso a unha programación de cinema galego actual e de calidade e, moi especialmente, a todas aquelas que non contan cunha oferta de cinema comercial nas súas vilas".


O Ciclo Mestre Mateo, creado pola Academia Galega do Audiovisual en 2022 co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e replicado logo noutros ámbitos xeográficos, consolidouse como un proxecto clave para levar o cinema galego de calidade a vilas sen salas comerciais, creando unha rede de exhibición en centros culturais, auditorios e bibliotecas por toda Galicia. Ao longo das súas edicións, o ciclo contribuíu a facer accesibles producións destacadas do audiovisual galego, superando as limitacións dos circuítos comerciais e reforzando o vínculo da cidadanía co seu propio cinema.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O proxecto conta coa colaboración dos colectivos culturais M de Meira, IESCHA de Vilalba, Falcatrueiros de Monterroso, Petapouco e a Destempo da Fonsagrada,   A Unión de Sarria e dos concellos da Pobra do Brollón, Taboada  e Foz, que organizan a programación das proxeccións. As datas e horarios actualízanse en ciclomestremateo.gal 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page