top of page

O Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia interésase pola casa do maior A Oliveira

Seis alumnas e dúas docentes do segundo curso visitan as súas instalacións, situadas na parroquia cruceña de Duxame


Laura Moure/Vila de Cruces

Seis alumnas e dúas profesoras do segundo curso do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces visitaron este luns a Casa do Maior A Oliveira, que está xestionada pola cruceña Cristina Arias e que atopa na parroquia de Duxame.


Durante a visita, que durou unhas dúas horas, puideron coñecer as instalacións e Arias faloulles da súa experiencia. Ademais, como están no segundo curso e o seguinte paso é incorporarase ao mercado laboral é importante ensinarlles novas vías de emprendemento neste ámbito profesional. Así mesmo puideron saber cales son os requisitos para poder ser usuarios dunha casa do maior.

Ao final, Arias fíxolles entrega dunhas flores que realizou coas usuarias e que conteñen unhas mensaxes para elas.


Mentres, como hai un maior número de alumnas no primeiro curso deste ciclo, será Arias quen visite o instituto para falarlles de todas estas cuestións.


留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page