top of page

O certificado Covid deixará de ser obrigatorio na hostalaría galega dende este sábado, día 26

O seu uso limitarase só a visitas a hospitais e residencias


Ecos da Comarca/Xeral

O certificado Covid deixará de ser necesario este sábado, 26 de febreiro, na hostalería en Galicia e unicamente o seu uso limitarase a visitas a hospitais e residencias, tal e como o comunicou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ante os medios, tras reunirse cos hostaleiros para comunicarlles as decisións do comité clínico deste pasado martes no seu sector.

Pola súa banda, a Xunta mantén, por recomendación do comité clínico, as restricións de comensais por mesa en hostalería, aínda que con ampliación a 10 en interior (na actualidade están en oito) e a 20 en exterior (agora en 15). Tamén queda sen efecto a realización de rexistros de usuarios. Con todo, as autoridades sanitarias barallan un horizonte de 15 días para revisar as restricións vixentes en hostalería, á que insisten na importancia da ventilación. E lembran aos usuarios que o uso da máscara é obrigatorio cando non se consome.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page