top of page

O certame “Música a fartar” volta á vila da Bandeira o 27 de xuño

A cita, organizada pola Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, incluirá música, xantar popular, xogos tradicionais, exposición de vehículos clásicos e verbena


Laura Moure/Silleda

A Bandeira recupera este ano unha das súas citas festivas máis agardadas. O certame Música a Fartar volverá celebrarse o vindeiro sábado 27 de xuño na Carballeira de Silva, despois de varios anos sen levarse a cabo, da man da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira.

A presentación desta XI edición contou coa participación do presidente da entidade organizadora, Xanxo Rey; da alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e da concelleira de Cultura, Mónica González, que destacaron a importancia de recuperar unha convocatoria vencellada á música, á convivencia e á tradición asociativa da parroquia.


A programación arrancará ás 12:00 horas cun pasarrúas a cargo da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira. Ás 13:00 horas será a quenda das actuacións da propia banda, do Coro Vales Mahía e da Banda de Veteranos. Un dos momentos centrais da xornada será o Xantar de Música a Fartar, previsto para as 14:30 horas. Os prezos serán de 20 euros para maiores de 11 anos e 10 euros para nenos e nenas de entre 5 e 11 anos. Os menores de 5

anos poderán asistir de balde, aínda que deberán retirar igualmente invitación nos puntos de venda. As entradas, limitadas, estarán dispoñibles ata o 22 de xuño no Bar Arume, Bar Victorino, Bar A Plazoleta e Café-Bar Atly.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Durante a tarde, a partir das 17:30 horas, continuará a música coas actuacións do Grupo de Rapaces da Banda, Sin-Fónicos da Bandeira, Xirandola, Charanga Bicoia e As Estraloqueiras. Ademais, o público poderá gozar dunha exposición de vehículos clásicos e de xogos tradicionais da man de Sororas. A xornada rematará a partir das 23:00 horas cunha verbena amenizada por DJ Calvin e DJ Marcos KinTana.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A alcaldesa, Paula Fernández, puxo en valor “o esforzo da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira por recuperar unha cita moi querida e con tanta tradición”. Así mesmo, destacou “a ilusión e o traballo que hai detrás desta volta de Música a Fartar”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page