top of page
Foto del escritorLaura Moure

O centro social dos maiores de Silleda acollerá unha sesión informativa sobre o alzhéimer o día 28

 A sesión enmárcase no proxecto Alzhéimer de Preto, iniciativa da Federación Atlántica de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzhéimer (Fadeal) co apoio da Deputación


Laura Moure/Silleda

O Centro Social dos Maiores de Silleda acollerá o xoves 28 de novembro unha sesión informativa sobre o alzhéimer, aberta a todas as persoas que queiran asistir. A sesión

enmárcase no proxecto Alzhéimer de Preto, iniciativa da Federación Atlántica de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzhéimer (Fadeal) que está a percorrer os concellos pontevedreses co financiamento da Deputación de Pontevedra.

A sesión formativa, de 4 horas de duración e que se desenvolverá entre as catro e as oito da tarde, constará de dúas partes, unha sanitaria e outra social. Aberta ao público en xeral, está dirixida preferentemente a aquelas persoas que padecen alzhéimer nunha fase moi temperá, a persoas coidadoras e a familiares de persoas con demencia.


Publicidade

Trátase, dacordo co proxecto Alzhéimer de Preto, de ofrecerlle aos asistentes unha primeira aproximación á enfermidade e á súa evolución, recomendarlles pautas para facilitarlle o día a día ás persoas coidadoras e informar sobre os recursos dispoñibles.


Publicidade

En concreto, nas dúas horas nas que se aborde a área sanitaria falarase do diagnóstico, de factores de alarma, de pautas de comportamento, de tratamentos farmacolóxicos e de avances en investigación. Os contidos da área social abranguen os tratamentos non farmacolóxicos, así como os recursos sociais, xurídicos e de apoio psicolóxico.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page