Laura Moure/Silleda
A temperatura aliouse coas persoas usuarias e profesionais do centro de recursos que COGAMI ten en Medelo, Silleda, para que a experiencia de navegación polo río Miño
resultara ser unha xornada do máis atractiva. Dende a comarca de Deza ata a do Baixo Miño desprazouse un grupo formado por nove persoas, sete usuarias e dúas profesionais, para participar da experiencia dunha xornada de navegación polo río Miño.

No concello de Tomiño estaban agardando a este grupo representantes da asociación
Vontade, entidade membro de COGAMI que está situada na comarca do Baixo Miño, para
levar unha actividade na que participaba por vez primeira o centro de Medelo e que, trala
experiencia vivida, de seguro que volverán repetila en vindeiras ocasións.
Esta actividade desenvólvese en colaboración co Club Sen Amarras, co fin de facilitar que
as persoas con discapacidade poidan achegarse e coñecer a riqueza natural e ambiental da comarca do sur da provincia de Pontevedra e de maneira inclusiva. De entre o grupo
participante, con idades entre os 27 e 52 anos, unha das persoas era usuaria de cadeira de rodas eléctrica, ningún impedimento para que puidera vivir a experiencia co resto do grupo.
Comments