top of page

O Centro Lalín, Agolada e Silleda en Bos Aires visita Silleda e presenta “Letras con morriña”

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente do Centro de Lalín, Agolada e Silleda en Bos Aires, José Luis Seoane Vidal, visitou novamente o Concello de Silleda, onde foi recibido polo alcalde, Manuel Cuiña, e as concelleiras Ángela Troitiño e Mónica González.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Seoane, que se atopa estes días de visita en Galicia acompañado da súa dona, é ademais presidente de Ospaña, unha institución de Obra Social para a colectividade española na capital arxentina. Fillo de emigrantes silledenses -os seus pais eran de Cumbraos, na parroquia de Escuadro-, Seoane xa estivo en varias ocasións no municipio de Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xunto co alcalde e as concelleiras mantivo un encontro no que abordaron a situación da colectividade galega en Bos Aires. Tamén presentaron a antoloxía “Letras con morriña”, composta por relatos, contos e poemas seleccionados a partir das edicións do certame “Letras con morriña I e II”, declarado de Interés Cultural pola Lexislatura da Cidade de Bos Aires. Trátase dun libro publicado pola editorial que vén de crear o centro, Ediciones CLAS, que fala da emigración galega, da morriña e da memoria colectiva dese pobo que tivo que deixar a súa terra, familia e raíces en busca dun futuro mellor na Arxentina.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page