Laura Moure/Lalín
Unhas 15 persoas participaron o sábado no primeiro Taller de Marcha Nórdica de Centro ETP Atopa O teu Potencial de Lalín, impartido por Alberto Fidalgo (educador físico e subcampión mundial de Marcha Nórdica 2024). O taller foi nivel inicio, o que permitiu que calquera persoa puidese realizalo e coñecer os detalles deste deporte que naceu en Finlandia da man do equipo nacional finlandés de esquí nórdico que empezou a adestrar no verán simulando o máis parecido posible, as actividades de esquí nórdico do inverno, camiñando e facendo marcha rápida con bastóns.

Alberto Fidalgo (natural de Taboada -Lugo- e afincado en Oleiros) achegou a actividade á xente de forma moi práctica, desmontando mitos e realizando un pequeno roteiro polo Paseo de Pontiñas. Ao terminar os participantes gozaron dun brunch saudable no Restaurante Montoto, onde se aproveitou para entregar as certificacións expedidas por Centro ETP tras gozar do taller de inicio.
Publicidade
Tras o éxito do taller, Centro ETP xa se atopa organizando unha segunda edición (tanto en modalidade inicio, como tecnificación), mentres levan a cabo as quedadas de fin de semana cos primeiros afeccionados a este deporte. Os seguintes talleres a impartir polo centro serán o sábado 25 de xaneiro (co seu terceiro taller de AeroYoga/AeroPilates tanto pola mañá como pola tarde, coas súas prazas esgotadas para a quenda de mañá), e o sábado 15 de marzo, que se realizará nas súas instalacións o taller de "Coñece e Aprende sobre a Saúde do teu Chan Pélvico" impartido pola fisioterapeuta uro-xinecolóxica Laura Gómez García (Santiago de Compostela). As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co centro enviando unha mensaxe ao 656 944 937 ou ao email: info@encuentratupotencial.com
Comments