top of page

O centro de saúde de Silleda informa da diabetes a través de talleres e unha mesa informativa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

A Diabetes Mellitus (DM) é unha patoloxía metabólica crónica que padecen arredor de 220.000 persoas en Galicia. Se ben é certo que a “lotaría” da xenética xoga un papel

importante na súa aparición, a súa frecuencia tamén se ve condicionada, como na maioría das enfermidades crónicas, polo gradiente social (a menor nivel de renda, máis DM) e os estilos de vida pouco saudables (consumo de alcol e tabaco, inactividade física, alimentación malsá). No centro de saúde de Silleda comezaron este mes a impartir talleres grupais (10-15 persoas) co obxectivo de aumentar os coñecementos dos pacientes con DM tipo 2 (non insulino-dependentes) sobre a enfermidade e potenciar a súa capacidade de autocoidado.

Constan de tres sesións impartidas polas especialistas en enfermaría familiar e comunitaria, unha EIR e a nutricionista do centro, nas que se tratan os piares fundamentais para o bo control desta enfermidade: alimentación saudable, exercicio físico e adherencia ao tratamento farmacolóxico.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Onte, día 14 de novembro, con motivo do Día Mundial da Diabetes Mellitus, tamén montaron unha mesa informativa e realizaron un mural para advertir á poboación sobre o exceso de azucre que conteñen algúns alimentos moi consumidos e para compartir recomendacións para previr unha enfermidade que produce un grande impacto social e económico xa que, no longo prazo, pode causar graves complicacións cardiovasculares e incluso a morte prematura.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page