top of page

O centro de saúde de Rodeiro contará con outro profesional pola mañá a partir de vindeira semana

Polas tardes mantense a consulta do outro facultativo


Laura Moure/Rodeiro

O alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, informa que onte o Sergas remitiu un comunicado no que sinala que o centro de saúde da localidade contará con outro profesional polas mañás a partir da vindeira semana.

"A pesares das grandes dificultades que hai en toda España para atopar médicos de familia, a dirección de atención primaria da área sanitaria foi quen de ir atopando substitutos aos facultativos propietarios da súa praza no Centro de Saúde do concello de Rodeiro. A situación complícase cando por causas sobrevidas, hai que buscar tamén a substitución dos substitutos e mesmo tamén a de estes últimos… Así pois, tendo en conta esta complexa circunstancia, ante a ausencia imprevista, desde este martes, do médico de familia que pasaba consulta no Centro de Saúde de Rodeiro, a xerencia xa acadou outro profesional para pasar consulta pola mañá a partir da semana que vén. Polas tardes mantense a consulta doutro facultativo".


NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page