O centro de saúde de Palas de Rei acollerá o 13 de abril unha charla taller sobre o solo pélvico
- ecosdacomarca
- 28 feb 2024
- 1 Min. de lectura
É gratuita, pero as prazas son limitadas, polo que hai que anotarse
Ecos da Comarca/Palas de Rei

A enfermeira e coordinadora do centro de saúde de Palas de Rei e a xefa de servizo promoven unha charla taller sobre o solo pélvico que estará impartida pola fisioterapeuta Lorena Pampín.
Publicidade
Está dirixido a mulleres de todas as idades e terá lugar o 13 de abril de 11 a 14 horas. Para as participantes será totalmente gratuito.
Publicidade
É necesario anotarse previamente no centro de saúde porque o aforo é limitado, con 25 prazas.
Publicidade
Comments