Laura Moure/Palas de Rei
A Xunta de Galicia vén de ubicar no Centro de Saúde de Palas de Rei (Punto de Atención Continuada da Ulloa) as emerxencias sanitarias, a través do servizo 061. Neste caso, o PAC atenderá a máis de 8.000 veciños da Comarca Ulloa.
A Consellería de Sanidade en colaboración co Concello de Palas de Rei, que adecuou as instalacións para que os 10 profesionais que prestan este servizo as 24 horas e os 365 días do ano, puideran ter unha ubicación fixa e permanente nesta comarca. A Consellería de Sanidade pretende con isto mellorar os tempos de resposta e os ratios de atención a tódolos usuarios os que presta servizo o PAC de Palas de Rei.

Comments