top of page

O centro de recursos de COGAMI en Medelo incorpora un vehículo adaptado para transporte das persoas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Financiouse coa subvención destinada a programas de interese xeral para fins sociais que xestiona a Xunta a través dos fondos do 0,7% do IRPF, coñecida como X Solidaria


Laura Moure/Silleda

O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo (Silleda) incorporou un novo vehículo ao servizo de transporte adaptado que presta para o traslado de persoas usuarias dos concellos de A Estrada, Forcarei e Silleda ata o centro. O vehículo, un Ford Transit de nove prazas totalmente adaptado para persoas viaxeiras en cadeira de rodas, realiza dúas rutas diarias de recollida dos domicilios ao centro durante as mañás, e de volta ás casas durante a tarde, permitindo o traslado dun total de seis persoas con discapacidade intelectual e mixta ao servizo de atención diúrna ocupacional.

Este vehículo financiouse a través da subvención destinada a programas de interese xeral

para fins sociais que xestiona a Xunta a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes de todas as persoas que marcaron na declaración da renda o recadro 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social, máis coñecida por X Solidaria.


Con esta adquisición o centro conta xa con catro furgonetas de nove prazas e un microbús de 15 que facilitan a asistencia ao centro dun total de 26 persoas usuarias das zonas rurais da comarca do Deza e concellos limítrofes como Silleda, Lalín, Agolada, Rodeiro, Vila de

Cruces e Dozón – Vedra e Boqueixón, ademais da comarca de Tabeirós e Terra de Montes,

cos concellos de A Estrada e Forcarei, ademais do de Cuntis.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O servizo de transporte adaptado garante a posibilidade de acceso autónomo ao centro de recursos que, ao estar situado en zona rural, resulta necesario dispoñer dun transporte para o traslado das persoas, xa que se carece dun público adaptado. O servizo de recollida de luns a venres é necesario para que as persoas usuarias poidan acceder ao centro de atención terapéutica e ocupacional de xeito regular.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page