top of page

O centro de Medelo recibe unha doazón de 1.000 euros do CEIP Plurilingüe de Silleda

O ente agradece ao centro escolar esta doazón que procede do recadado na

venda de produtos reciclados durante a VI Feira da Alegría


Laura Moure/Silleda

A directora do centro CEIP Plurilingüe de Silleda, María Consuelo Rodríguez, achegouse ata o centro que ten COGAMI en Medelo para entregarlles o recadado durante o posto que tiñan colocado na Praza Juan Salgueiro para participar na VI Feira da Alegría. O importe doado consistiu en 1.004,24 euros, unha cantidade que resultou recadada trala venda

de obxectos decorativos de Nadal elaborados a través de materiais reciclados aos que lle

deron unha segunda utilidade.

Dende o centro de Medelo queren agradecer publicamente este acto de xenerosidade por

parte do centro de ensino, e adiantouse que esta aportación económica servirá para investir en materiais para darlle continuidade aos obradoiros que desenvolven no centro como o de cestería, deseño de alfombras e coiro, entre outros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page