Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Centro de Interpretación do Río Ulla de Touro recibe da Deputación da Coruña 2.500 euros

A área de Cultura subvenciona 38 contratos que contribuirán a profesionalizar os centros culturais municipais

Laura Moure/Touro

Trinta e dous serán os concellos que se beneficien da liña de axudas da área de Cultura da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico de museos e centros de interpretación. A liña conta cun orzamento de 382.929 euros co que se realizarán 38 contratos xa que seis dos concellos presentaron dúas solicitudes para distintos centros do municipio. Das catro comarcas, só Touro se beneficia desta axuda e recibe para o Centro de Interpretación do Río Ulla 2.500 euros.

O Centro de Interpretación do Río Ulla, en Touro.


A área de Cultura da Deputación da Coruña contribúe á personalización dos museos e centros de interpretación e á creación de emprego no sector cunha liña de axudas da que se benefician 32 concellos coa que se realizarán un total de 38 contratacións laborais. Camariñas, Muros, Oleiros, Porto do Son, Rianxo e Ribeira presentaron nesta convocatoria dúas solicitudes para dotar de persoal a dous centros culturais dos seus concellos. "Con esta convocatoria queremos colaborar cos concellos na xestión máis profesional de centros culturais como museos ou centros de interpretacións que son, en moitas ocasións, verdadeiros focos de atención cultural e recursos turísticos de especial relevancia", explica o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.


Entre os centros que acollerán persoal especializado contratado co financiamento da Deputación da Coruña atópanse espazos de referencia como o Museo do Humor de Fene, o Muíño das Mareas de Muros, a Aula do Mar ou o Museo dos Oleiros de Oleiros, o Museo das Mariñas de Betanzos, o Museo de Man de Camelle de Camariñas, a Casa Museo de Manuel Antonio de Rianxo ou o Museo do Surf de Valdoviño.


"Esta liña de axuda súmase á de persoal técnico de xestión e animación sociocultural que contribúen á creación do emprego no sector e á mellora na personalización da cultura, un dos obxectivos da área de Cultura da Deputación da Coruña", apunta Xurxo Couto.


Os concellos recibirán, segundo a resolución que se publico este martes publicada no BOP, axudas que van desde os 15.000 aos 4.907 euros.

20 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE