top of page

O centro de formación profesional Efa Piñeiral estará presente na 46ª edición da Festa do Queixo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ademáis de participar no pregón elaborado entre os centros educativos de Arzúa, protagonizará masterclasses e actividades técnicas co queixo como protagonista

Alumnado do ciclo medio de panadería, repostería e confeitaría durante unha clase.



Laura Moure/Arzúa

Unha edición máis, o centro de formación e promoción rural Efa Piñeral colabora activamente na Festa do Queixo de Arzúa. Nas instalacións do centro celebraranse accións formativas destinadas a poñer en valor, promover sinerxias entre os profesionais e afondar no coñecemento das riquezas que o protagonista da Festa, o queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa, posúe.


O alumnado do primeiro curso do ciclo de actividades comerciais será o encargado de rematar o pregón colaborativo da festa, que nesta edición corre a conta dos centros educativos de Arzúa. As profesoras do ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría Luisa Sánchez e María García serán as encargadas de realizar a masterclass na que elaborarán a sobremesa Doces Campos de Arzúa-Ulloa para a emisión en streaming prevista para o domingo, día 7.


O mércores día 3 ás 16.30 horas, as instalacións do Obrador Piñeiral do centro Efa Piñeiral acollerán unha masterclass impartida pola chef Nelssy Soriano, na que se realizarán receitas doces e salgadas co queixo DOP Arzúa-Ulloa como protagonista. Esta acción enmárcase, tamén, dentro do programa Sabores e Saberes do Camiño liderado pola Federación Efas de Galicia e cuxa finalidade é impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago e destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño a través de actividades de difusión da potencialidade gastrocultural nos concellos de O Pino, Arzúa, Palas e Melide.


Ó día seguinte, xoves 4, ás 14.00 horas, alumnado do segundo curso do ciclo de comercio e marketing protagonizarán unha sesión na que abordarán boas prácticas para a elaboración da ficha de produto dunha tenda online. A actividade será mixta: online, pero tamén contará con aforo presencial de ata 15 persoas.


Cata e tertulia técnica

Así mesmo o centro de formación profesional tamén albergará a cata e tertulia técnica sobre as cualidades nutricionais do queixo Arzúa-Ulloa a cargo de Óscar Pérez, secretario xerente da Denominación de Orixe Protexida Arzúa Ulloa.


“Como cada ano e edición, a Efa Piñeiral, centro de formación profesional e promoción rural, sumámonos á Festa do Queixo para colaborar no que mellor sabemos facer; propostas formativas e divulgativas nos eidos do comercio, do marketing, da valoración do produto e da gastronomía. Accións orientadas a poñer en valor o produto, a crear sinerxias entre profesionais e a xerar foros de formación que conflúan en propostas de mellora e promoción do noso territorio e da súa riqueza.”, afirma Ana Saavedra, directora da Efa Piñeiral. “Agardamos que aínda que de xeito diferente, nesta edición e neste 2021, sexamos, se cabe, máis conscientes e máis fachendosos do noso, da nosa riqueza e dos tesouros da nosa terra”, recalca.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page