top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Centro de Formación Profesional Efa Piñeiral clausurou o curso académico dos ciclos formativos

Preto dun cento de alumnos recibiu os diplomas acreditativos e a imposición de becas

O alumnado do ciclo de Comercio e Marketing.


Laura Moure/Arzúa

Preto dun cento de alumnos dos ciclos de formación profesional das familias formativas de Comercio e Marketing, Panadaría, Repostaría e Confeitaría e Coidados Auxiliares de Enfermaría celebrou este venres o acto de clausura do curso e imposición de becas ás promocións 18/20 e 19/21. O evento, celebrado baixo as medidas do Plan Covid do centro, congregou ó alumnado, ó equipo directivo e docente, á presidenta da Asociación Efa Piñeiral, Raquel Carregal, membros da fundación Fundesar e a representantes das máis de 250 empresas acolledoras polas que pasan os alumnos ó longo dos ciclos formativos. A

clausura do evento correu a cargo do alcalde de Arzúa, José Luis García.


No acto, ademáis de procederse á entrega dos diplomas acreditativos e imposición de becas, o alumnado realizou unha presentación da memoria de actividades académicas que conformaron o seu itinerario formativo ó longo do ciclo; visitas e viaxes técnicos, participación en feiras e encontros sectoriais, festas gastronómicas, participación en

obradoiros e estadías de formación en empresas en cada trimestre.

Carmela Cano, xerente da queixería Galmesano, como representante das empresas colaboradoras na formación do alumnado, destacou ”a importante labor da Efa Piñeiral e o valor do seu proxecto que permite poñer o foco na empresa e facela partícipe da formación do alumnado”.


Pola súa banda, a directora da Efa Piñeiral, Ana Saavedra, alabou o comportamento exemplar que o alumnado amosou nestes cursos tan marcados pola pandemia, e achegoulles ós alumnos e alumnas, consellos para ser “profesionais felices e felices profesionais”, destacando por riba de todo a necesidade de seguir apostando pola

formación permanentemente e de lembrar tódolos valores que no seu paso pola Efa Piñeiral puideron adquirir ou desenvolver; esforzo, resiliencia, capacidade de traballo, empatía e respeto…entre outros moitos. Para nós o obxetivo número un é formar bos profesionais sendo boas persoas".


Nova oferta formativa

O centro formativo Efa Piñeiral xa está a recibir solicitudes de información para o vindeiro curso académico no que a oferta formativa de ciclos vén de reforzarse coa incorporación dos ciclos superiores de educación infantil e márketing e publicidade, que se suman ós ciclos medios e superiores de comercio e márketing, panadaría e pastelaría e auxiliar de enfermaría que xa se impartían na Efa Piñeiral.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page