O centro de día de Palas de Rei conmemora o décimo quinto aniversario da súa posta en funcionamento
- Laura Moure

- 12 may 2023
- 1 Min. de lectura
Dispón, na actualidade, de 22 prazas cubertas
Laura Moure/Palas de Rei
O centro de día de Palas de Rei conmemora o décimo quinto aniversario da súa posta en funcionamento. Con este motivo acolleu unha programación especial, na que os usuarios, acompañados de membros das súas familas, persoal traballador no centro; forzas e Corpos de Seguridade (como da Garda Civil e Protección Civil), persoal de Servizos Sociais e do CIM, así como, representantes municipais participaron na visualización da proxección dun vídeo, elaborado polo propio persoal do eentro, ilustrativo dos diferentes tipos de profesionais que a diario desenvolven unha función no mesmo.

Logo da entrega dun diploma persoalizado aos usuarios por parte das súas coidadoras, a profesora Milagros Bordones ofreceulles unha representación de danza contemporánea e a Coral Polifónica de Palas interpretou unha serie de pezas musicais.
O centro de día, posto en marcha dende a área de Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei coa finalidade de axudar ás persoas que pola súa condición vital así o precisan, tamén contribúe a conciliar a vida dos seus coidadores familiares. Dispón, na actualidade, de 22 prazas cubertas de usuarios/as, en réxime de 10:00 a 18:00 horas, que reciben un variado tipo de atención específica en función das súas necesidades.
Dentro do seu conxunto de persoal, atopamos dende coidadoras, persoal de cociña, auxiliares, animadoras socioculturais, asistenta social e persoal de fisioterapia ata persoal de limpieza e de mantemento. Ademais, dispón dun servizo de desprazamento propio e os usuarios contán coa permante vixilancia e supervisión médica e enfermeira.







Comentarios