top of page

O centro de día de Monterroso conta con 20 prazas

 Actualmente existen prazas libres para as persoas interesadas


Laura Moure/Monterroso

O centro de día de Monterroso conta con 20 prazas e ofrece servizo de media xornada e xornada completa aos seus usuarios e usuarias. Actualmente existen prazas libres para as persoas interesadas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ata as instalacións, situadas na Rúa Asociación Cultural Falcatrueiros, achéganse maiores de Monterroso, tanto da capitalidade como das aldeas, así como veciños e veciñas doutras localidades próximas aos que tamén se lles presta atención, tal e como informa o Concello.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As persoas que o precisen teñen ao seu dispor un servizo de transporte municipal para achegalos ata o centro desde as súas casas. Aínda que o servizo se presta de luns a venres de 9:00 a 19:30 horas, hai flexibilidade horaria para os usuarios e usuarias.


O centro ofrece unha atención integral aos seus usuarios con servizos de comedor e comida recomendada por nutricionista, actividades culturais, de ocio, de animación e tempo libre.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Se alguén está interesado nos seus servizos pode informarse no Concello de Monterroso ou non propio centro.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page