top of page

O centro de COGAMI en Medelo participa na Semana Europea da Artesanía con xornadas de portas abertas

Será durante os días 28, 29 e 31 de marzo e 1 de abril


Laura Moure/Silleda

O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo, Silleda, participará durante este ano na

Semana Europea da Artesanía, unha xornada coa que se pretende visibilizar o traballo artesanal que as persoas usuarias deste centro realizan nos obradoiros de cerámica, teares, coiro e cestería. Durante os días 28, 29 e 31 de marzo e 1 de abril, en horarios de 10:00h. a 14:00 horas e de 15:30 a 17:00 horas as portas do centro estarán abertas a todas as persoas que desexen asistir a calquera dos obradoiros que se desenvolven e de maneira gratuíta, sendo necesario reservar praza contactando no teléfono 986 581 387.


Co fin de dar a coñecer os obradoiros que se desenvolven no centro a través da visibilidade das capacidades das súas persoas usuarias e da reivindicación da igualdade de oportunidades, dende Medelo realizarán durante estes días unha demostración en directo sobre o deseño, elaboración e tratado de diferentes pezas artesanais co fin de amosar as técnicas e procesos utilizados no tratamento das diferentes materias como coiro, barro, fío ou vimbio.

Usuaria de Medelo no tear.

Con esta actividade de portas abertas, dende Medelo preténdese poñer en valor o produto

artesanal feito a man, fomentar e divulgar os oficios artesanais visibilizando as capacidades das persoas con discapacidade e reivindicar a igualdade de oportunidades.

O centro Medelo de atención diúrna especializado en proporcionar atención personalizada a persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio, céntrase na promoción da vida autónoma, na normalización das condicións de vida e na adquisición de coñecementos do ámbito ocupacional ou prelaboral que faciliten a súa inclusión sociolaboral.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page