top of page

O centro de Cogami en Medelo conta con catro vehículos de transporte adaptado que cobren rutas que superan os 100 quilómetros diarios

Laura Moure/Silleda

A flota de vehículos de transporte adaptado do centro de día e ocupacional que ten

Cogami en Medelo, no concello de Silleda, conta cunha flota de catro vehículos adaptados

que realizan a diario rutas que superan a media de cen quilómetros na suma dos traxectos

de ida e volta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Un total de 26 persoas usuarias fan uso deste transporte que os traslada pola mañá ao

centro e, cando remata a actividade, volven deixalas nas súas casas. Son tres rutas as que

se realizan de luns a venres, sendo unha delas A Estrada e arredores-Cuntis, cunha

distancia de 66 km por traxecto; a segunda A Estrada-Forcarei-Silleda, 67 Km por traxecto; e a terceira Lalín-Silleda-A Estrada-Vila de Cruces, cunha distancia de 64 km traxecto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Para as persoas usuarias do centro é imprescindible contar con vehículos que as trasladen, xa que a zona carece dun transporte adaptado público e non sempre as súas familias poden acompañalas. Por iso é necesario que centros como o de Medelo conten cunha flota de vehículos adaptados que, co movemento diario que teñen, necesitan ir renovando e actualizando.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Unha das últimas adquisicións foi adquirida cos fondos Next Generation EU no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page