top of page
Foto del escritorLaura Moure

O centro de Cogami en Medelo acomete obras de mellora a través do 0,7% do IRPF

Xa foron instalados paneis de enerxía solar, cambiadas as lámpadas fluorescentes por outras led e en breve tamén iniciarán actuacións na fachada


Laura Moure/Silleda

Cogami abría no ano 2012 un centro de recursos, de atención diúrna e ocupacional, en Medelo, Silleda, para atender as necesidades das persoas con discapacidade e familias, co fin de mellorar a súa autonomía e calidade de vida. Co paso do tempo, as instalacións vanse deteriorando e tamén se van adaptando ás necesidades do centro, polo que é necesario acometer obras de mellora e acondicionamento.

Unha destas melloras ten que ver coa limpeza da fachada de pedra e coa reforma do alpendre que xa existe no centro, pero precisa ser acondicionado. Estas dúas actuacións van contribuír á conservación e protección do patrimonio cultural, poñendo en valor os bens da contorna para que perduren no tempo.


Publicidade

Outras das melloras que adoptará o centro é a instalación de 16 paneis solares que van permitir xerar electricidade para o autoconsumo, ademais de contribuír no coidado do medioambiente coa utilización dunha enerxía renovable. Estes 16 paneis modelo Solavartt Vision AM 4.0 Pure 405 Wp, contan cunha garantía de 30 anos e un rendemento do 87%.


A última das accións de mellora de Medelo é a renovación de toda a iluminación do centro, coa substitución dos fluorescentes por lámpadas led, co obxectivo de aumentar a luminosidade e reducir consumo. Este cambio vai parello coa instalación de detectores de presenza para promover o aforro enerxético.


Publicidade

Todas estas melloras son financiadas cos fondos achegados do 0,7% do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas que marcaron o recadro 106 de proxectos sociais na declaración da renda, e que xestiona a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page