O CEIP Ramón de Valenzuela pecha a rolda de sesións plenarias infantís en Silleda
- Laura Moure
- 13 may 2024
- 2 Min. de lectura
O alumnado aproba o proxecto de ampliación do parque da Bandeira, pista multipeporte e reforma da antiga casa do conserxe
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda pechou o venres outra emocionante xornada de portas abertas na que foron protagonistas os alumnos e alumnas de 5º e 6º do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira. Con este grupo, de 22 nenos e nenas, pechouse o programa de participación dos centros na vida municipal.
A xornada arrancou cunha visita e percorrido polas instalacións municipais, na que a
rapazada tivo a oportunidade de participar nunha serie de actividades e explicacións en
diferentes áreas municipais, co obxectivo de familiarizalos co funcionamento interno do
Concello e cos servizos que este ofrece á comunidade.

O percorrido pasou polos departamentos como o de Rexistro e Padrón, onde fixeron unha
instancia. Tamén nas dependencias da Policía Local os rapaces e rapazas aprenderon
cuestións sobre a seguridade pública ademais de superar un test sobre sinais de tráfico,
promovendo así a conciencia viaria.
A diversión e a aprendizaxe seguiron no servizos de Augas, Urbanismo, Servizos Sociais ou Xulgado de Paz, Urbanismo, Alcaldía ..... Con dinámicas de xogo e mesmo atendendo unha chamada cidadá simulada, os participantes continuaron na primeira parte da sesión
coñecendo os distintos departamentos muncipais.
A xornada rematou ca celebración dunha sesión plenaria, (que se retransmitíu en directo
pola canle de YouTube do Concello) na que se debatiron e acordaron tres propostas: aprobar a adhesión do Parque Infantil da Bandeira a Rede de Parques sen Fume, a ampliación do parque actual e construcción de pista multideporte aproveitando a ampliación e mellora da praza e o seu entorno; e a reforma da antiga casa do conserxe do centro para convertila en sala multiusos e de psicomotricidade, proxecto que se presentará á liña de axudas do Fondo de Compesación Local da Xunta.
Os voceiros dos 4 grupos presentes (Partido Universal, Topuno, Partido Por Bandeira e Xuntos polo cambio, que formou o alumnado no centro traballando sobre a proposta) defenderon con soltura as súas intervencións. Despois dunha primeira parte resolutiva na que asistiron a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e as concelleiras Mónica González e Ángela Troitiño, procedeuse á elección de alcalde/alcaldesa.
Publicidade
O candidato con máis votos foi Eloy Estraviz, do Partido Universal, que prometeu o seu cargo e recibiu o bastón de mando de mans de Paula Fernández, antes de presidir a sesión para o debate do estado do Concello de Silleda respecto das políticas de infancia e mocidade e atender a quedan de Rogos e Preguntas.
A mellora do campo de fútbol, parques nas parroquias, zonas de recarga de vehículos
eléctricos, mellora da accesibilidade e dotación de bancos nas rúas, foron algunhas das
propostas da Corporación infantil, que tamén propuxo realizar un monumento a Xosé Casal, e outro ao futbolista Joselu Mato.
Dende o goberno municipal agradécese a todos os centros que participaron nestas sesións o traballo previo realizado ca rapazada nas aulas de cara a preparación da sesión.
Comments