top of page

O CEIP Plurilingüe de Toques participa este curso no programa educativo 'Escola Verde'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

É unha iniciativa da Xunta concibida para acadar cambios en certos comportamentos e fomentar actitudes responsables coa contorna e o medio ambiente entre a comunidade escolar galega


Laura Moure/Toques

A Xunta de Galicia lanzará este mes a cuarta edición do programa educativo Escola Verde, unha iniciativa concibida para acadar cambios en certos comportamentos e fomentar actitudes responsables coa contorna e o medio ambiente entre a comunidade escolar galega. Esta chegará ao concello de Toques.

No curso 2022-2023 están inscritos nove centros de educación infantil, primaria e secundaria —seis participan por primeira vez e tres repiten experiencia— que aglutinan preto de 1.600 alumnos. Entre eles, cómpre subliñar o caso do CPR Plurilingüe Padre Míguez, que participa nas tres etapas educativas, así como o do CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro, de Barbadás, e o IES de Valga, que repiten experiencia e, ademais, impulsarán actividades colaborativas entre o alumnado de ambos colexios.


Xornada telemática

O programa Escola Verde, impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, arrancará de forma oficial cunha xornada formativa telemática, que se celebrará este mesmo mes de novembro e vai dirixida aos 130 profesores encargados de coordinar a iniciativa nesta edición. Para lograr os obxectivos do programa, cada centro participante ten que escoller unha temática medioambiental sobre a que traballar durante todo o curso escolar co fin de concienciar aos alumnos no respecto pola biodiversidade e a natureza que os rodea desde as idades máis temperás.


Entre as propostas recibidas no marco desta cuarta edición destacan propostas sobre temas innovadores como a análise da pegada ecolóxica e os gases de efecto invernadoiro (GEI), presentada polo CEIP O Cantel, do municipio lucense de Foz.


Por último, cómpre lembrar que Escola Verde, xunto con MeteoEscolas, é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidades na que colaboran diferentes organismos e que está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros escolares, así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial en diferentes áreas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No caso do CEIP Plurilingüe de Toques, que participa neste curso, a temática de traballo da súa proposta leva por título Brotes verdes.


Os interesados poden coñecer aos outros centros educativos de toda Galicia que forman parte desta iniciativa no seguinte enlace:




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page