O CEIP Plurilingüe de Palas tenta achegar o idioma galego aos peregrinos que fan o Camiño Francés
- Laura Moure
- 11 jun 2022
- 3 Min. de lectura
Cada alumno cubríu unha tarxeta coa verba galega elexida para agasallar ó camiñante que fai a ruta Xacobea e estas son repartidas no Punto de Atención ao Camiñante
Laura Moure/Palas de Rei
O Ceip Plurilingüe de Palas de Rei está desenrolando a actividade Verbas no Camiño, coa que tenta de achegar o idioma galego aos múltiples camiñantes que estes días fan o Camiño Francés. Trátase dunha iniciativa, na que participa o alumnado de tódolos cursos do centro, mediante a cal, cada alumno cubríu unha tarxeta coa verba galega elexida para agasallar ó camiñante que fai a ruta Xacobea. Ditas tarxetas son repartidas no Punto de Atención ao Camiñante que o Concello de Palas ten asentado na área dos Chacotes, nos accesos ao núcleo urbano de Palas de Rei.

Dita iniciativa, que dá visibilidade o noso idioma galego e, por ende, a nosa cultura, achegandoa á realidade multicultural que a diario percorre o Camiño, forma parte do Proxecto Documental Integrado: Palas no Camiño posto en marcha, neste curso académico (2021-22) no CEIP de Palas de Rei, con motivo do ano Santo Xacobeo e mediante, o cal, se desenrolaron diversas iniciativas como:
Fixeron o camiño por etapas dende Roncesvalles ata Palas de Rei na primeira parte do curso, facendo unha labor de investigación e recollida de datos que logo plasmaron nun gran mural, que se pode visualizar na pranta baixa do centro educativo e que percorre, a través de 30 etapas, a cultura, a historia, a gastronomía, o Patrimonio...dos diferentes lugares polos que pasa o Camiño.
Continuaron achegándose ao Camiño ao seu paso por Palas de Rei; visitaron os lugares máis representativos do municipio, tales como: Vilar de Donas, o Castelo de Pambre... Toda esta información, recóllese nun tríptico e nun mapa interactivo ao que calquera pode acceder e coñecer eses lugares baixo a mirada do alumnado do centro.
As etapas dende Palas de Rei ata Monte do Gozo foron completadas, nesta segunda parte do curso, polo alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria. O vindeiro día 20 de xuño, todos os cursos do CEIP, percorrerán a etapa Monte do Gozo a Santiago de Compostela, con visita a Catedral, para elo, o Concello de Palas de Rei habilita unha serie de autocares que trasladarán ao alumnado, profesores e demais persoal ao punto de inicio e fin da etapa, como o fixo na etapas precedentes, posibilitando así, o desenrolo da iniciativa.
Exposición Castelo de Pambre
Por outra banda, o Castelo de Pambre acolleu este venres a inauguración da exposición Pambre, A Arca de Pedra, a cargo da súa comisariada a galerista Cristina Carballedo Penelas e coordinada por Braulio Vilariño. Contou coa presenza do alcalde de Palas, Pablo Taboada, e do presidente do IEU, Francisco Pardo.
Trátase dun proxecto expositivo integrado por artistas profesionais, no que o fío consuctor é a figura animal posta en relación co pasado do Castelo de Pambre. Desde a súa construción o castelo tivo diferentes roles como: centro de custodia do Camiño de Santiago, lugar de cobro de impostos e centro de explotación agrícola. É precisamente esta etapa na que a explotación agropecuaria, foi a actividade principal do Castelo de Pambre, a que marca o contexto desta mostra.

Os artistas partícipes na exposición, fan unha reflexión sobre a relación do home coa natureza, dende distintas disciplinas e perspectivas: a escultura, a pintura e a fotografía. Dita exposición, pode visitarse no Castelo de Pambre en horario de apertura da Fortaleza.
Comments