top of page

O CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla conmemorará os seus 50 anos o 16 de decembro

Música, unha exposición, a proxección dun documental e a desgustación de aperitivos centra o acto de celebración


Laura Moure/Antas de Ulla

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla está de celebración este mes. Este centro educativo cumpre 50 anos! O acto conmemorativo será o venres, día 16 de decembro, ás 17:30 horas no propio colexio.

O acto, tal e como informa o Concello, será inaugurado polo grupo de música tradicional Asociación Sociocultural Agarimo. De seguido, os asistentes poderán ver a exposición que leva por título Cóntame como pasou e despois proxectarase o documental 50 anos de historia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por último, haberá degustación duns aperitivos e o broche final poñerao a Escola-Banda de Antas de Ulla.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page